Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil III. Familia e sucesións
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Atenderase aos alumnos de forma personalizada nas concretas cuestións que poidan expor, facendo extensivas as explicacións ao resto dos alumnos presentes na aula.
Estudo de casos Proba na que o alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.Poderá incluír a realizacion tanto individual como en equipo de traballo Cualificación: 30%
Probas Descrición
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Cualificación: 30%
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. Cualificación: 40%
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000