Estudo de casos |
Formulación, resolución, presentación e debate de exercicios/cuestións/problemas/casos prácticos por parte do alumnado, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesorado. O alumnado debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, fórmulas ou algoritmos específicos e axeitados, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver de forma autónoma a análise e a resolución dos problemas e/ou exercicios polo que é preciso que o estudantado traballe previamente o material explicado polo profesorado. |
Estudo previo |
Traballo autónomo do alumnado que consistirá na procura, lectura e traballo de documentación, preparación e propostas de resolución de problemas e/ou exercicios, así como na preparación de probas avaliables. |