O alumno/a poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou alternativamente optar a ser avaliado cunha proba de avaliación final global (AG) que permita alcanzar o 100% da nota máxima. En caso de optar pola avaliación continua (a cal levará a cabo mediante o sistema de avaliación descrito anteriormente), a proba da avaliación da convocatoria oficial será parte da mesma do mesmo xeito que o resto de probas que se realicen ao longo do cuadrimestre: 20% + 40% + 40%. Si o alumno/a renuncia a avaliación continua debera comunicarllo o profesor a partir da segunda quincena do mes de outubro. En calquera caso, a nota da proba de avaliación global final realizada na convocatoria oficial prevalecerá como cualificación final si esta fose superior á obtida mediante o sistema de avaliación continua. Agora ben, para aprobar sen avaliación continua, haberá que obter polo menos un 5 sobre 10 de media na proba de avaliación global final (50% + 50%) , cumprindo en calquera caso cos mínimos requiridos por bloques e partes nas que se estruture cada bloque. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos. Na convocatoria extraordinaria de xullo mantense o mesmo sistema de avaliación que na convocatoria ordinaria. Na convocatoria de fin de carreira a proba de avaliación global suporá o 100% da avaliación. A data oficial das probas de avaliación da materia pódese consultar na seguinte web: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |