O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá cambiarse de AC a AG durante todo o cuadrimestre. A elección de AG supón a renuncia ao dereito
de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á
cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron
lugar.
• AC. En caso de non renunciar á avaliación continua, a avaliación farase en función das seguintes tarefas:
- Realización ao longo do curso de 2 probas de avaliación, cunha ponderación do 25% cada una. A segunda destas probas terá lugar o mesmo día que a data oficial de AG de primeira oportunidade (nesta data tamén poderase repetir a primeira proba si o alumno ou alumna o desexa). Se non se acada unha nota mínima de 4 na media de ambas probas, a nota final da materia nunca será superior a 4. Se non se aproba a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade se avaliaran os contidos de ambas probas, cunha ponderación do 50%.
- Calidade das follas de exercicios presentadas e das tarefas realizadas nas clases prácticas (e necesaria a asistencia as clases prácticas para que se avalíen as tarefas realizadas nestas clases), cunha ponderación do 30%. Esta nota gardarase para a segunda oportunidade.
- Desenrolo en grupo de 3 habilidades relacionadas coa presentación de contidos (presentación presencial, vídeo e póster), cunha ponderación do 20%. Valorarase a presentación e a calidade dos contidos. Esta nota gardarase para a segunda oportunidade.
• AG en primeira oportunidade (convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha única proba que ponderará o 100%.
• AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoriade Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha única proba que ponderará o 100%.
Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)
As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
|