Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A metodoloxía docente consistirá no desenvolvemento de varios tipos de clases (teóricas e prácticas) e no traballo persoal do alumnado para consolidar os coñecementos e adquirir soltura na resolución dos problemas expostos.

Nas clases teóricas exporanse de forma reducida os principais contidos dos distintos temas, desenvolvéndose con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é conveniente que o alumnado lea con antelación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Resolución de problemas Nas clases prácticas solucionaranse follas de exercicios que se proporcionarán con antelación a clase. Dese modo, o alumnado poderá identificar as cuestións que resultan máis complexas e resolver as súas dúbidas en clase.
Presentación O alumnado dividirase en grupos integrados por dous estudantes. Cada grupo terá que realizar un traballo no que revise algún caso de competencia que terá que presentar ao resto do alumnado nunha clase práctica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000