Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realización dunha proba parcial escrita dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 e 2, onde os alumnos argumenten as súas respostas fundamentándose nos coñecementos adquiridos, avaliando a aplicación dos coñecementos adquiridos no curso. 40 A4
A5
B6
B7
C1
C9
C10
C11
D5
Exame de preguntas obxectivas Realización dunha proba parcial escrita dos contidos teóricos e prácticos dos temas 3, 4 e 5, onde os alumnos argumenten as súas respostas fundamentándose nos coñecementos adquiridos, avaliando a aplicación dos coñecementos adquiridos no curso. 40 A5
B6
B7
C1
C9
C10
C11
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas prácticas sobre os temas explicados en clase. 20 A4
A5
B6
B7
C1
C9
C10
C11
C13
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Cada estudante poderá optar entre avaliación continua ou exame global da materia.A avaliación continua é a modalidade que se aplica por defecto.


O alumnado poderá renunciar a Avaliación Continua (AC), no prazo establecido, dende o 9 de setembro ao 15 de outubro ás 14 horas, no curso vixente. É necesario e obrigatorio formalizar a renuncia por escrito (email) e comunicalo ao profesorado da materia.



Avaliación continua


Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% probas prácticas sobre exercicios explicados en clase.
  • 40% coa realización dunha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 e 2.
  • 40% coa realización dunha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 3, 4 e 5.


Para aprobar a materia a cualificación final ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente no exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Se tampouco se alcanza esa puntuación nese exame (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será de 4 puntos.


Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos.




Exame global

O exame celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 e 2 a segunda aos temas 3,4 e 5), cada unha das cales supoñerá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.


Os estudantes que non participen en ningunha das probas (de avaliación continua nin avaliación global), figurarán nas actas como "non presentados". 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado.

A data e hora da proba final e a especificada no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25.

O horario de titorías e o procedemento para solicitalas estará no MooVi da materia.



Exame de fin de carreira


O exame de fin de carreira supoñerá o 100% da nota.


As datas dos exames poden ser consultadas na páxina web da Facultade. http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000