Cada estudante poderá optar entre avaliación continua ou exame global da materia.A avaliación continua é a modalidade que se aplica por defecto.
O alumnado poderá renunciar a Avaliación Continua (AC), no prazo establecido, dende o 9 de setembro ao 15 de outubro ás 14 horas, no curso vixente. É necesario e obrigatorio formalizar a renuncia por escrito (email) e comunicalo ao profesorado da materia.
Avaliación continua
Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:
- 20% probas prácticas sobre exercicios explicados en clase.
- 40% coa realización dunha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 e 2.
- 40% coa realización dunha proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 3, 4 e 5.
Para aprobar a materia a cualificación final ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente no exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Se tampouco se alcanza esa puntuación nese exame (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será de 4 puntos.
Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos.
Exame global
O exame celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a primeira corresponderá aos temas 1 e 2 a segunda aos temas 3,4 e 5), cada unha das cales supoñerá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.
Exame de fin de carreira
O exame de fin de carreira supoñerá o 100% da nota.
As datas dos exames poden ser consultadas na páxina web da Facultade. http://fccee.uvigo.es |