Exame de preguntas obxectivas |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test e preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
40 |
|
|
C3 C5 C9 C10
|
D5
|
Avaliación continua: Nas clases prácticas realizaranse probas e/o traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno, que computará un 60% da nota final da materia. Ademais, haberá un exame final que supoñerá o 40% da nota final. É necesario aprobar o exame final para superar a materia. O profesor asignará a cada alumno/a a tarefa que desenvolverá ao longo do curso nas clases prácticas (indicándolle a obra de referencia que lle corresponde a cada alumno/a). Cada alumno poderá optar entre AVALIACIÓN CONTINUA ou AVALIACIÓN GLOBAL: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o/a estudante poderá optar a ser avaliado/a cunha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da cualificación. Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico. Na convocatoria de fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación. Os horarios de titoría figurarán no Moovi da materia. As solicitudes cursaranse por correo electrónico.
As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/ |