1. Na primeira
convocatoria, o estudante poderá elixir entre o sistema de
avaliación continua e o de avaliación global. - O sistema de avaliación
continua consistirá na realización de dous exames parciais, así como dun
informe final de prácticas. Entenderase que o estudante opta por este sistema e
renuncia ao global se se presenta a algunha proba parcial. Esta convocatoria non ten exame final. Para superar a materia, será
preciso acadar polo menos un 4/10 na nota en cada unha das tres probas e un 5/10 no total. Os que non acadaran o 4/10 no primeiro parcial pasarán automaticamente á avaliación global. - O sistema de avaliación global
determinarase exclusivamente polo resultado do exame final en data oficial que incluirá tanto teoría como práctica. 2. Nas demais
convocatorias (segunda e fin de carreira), unicamente será posible
a avaliación global. As datas de exames oficiais recóllense na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es) |