O
alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua
(AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). O alumnado que se presente a calquera proba de avaliación continua do curso considerarase que segue a modalidade de Avaliación Continua (AC). En caso contrario, se non se presenta a ningunha proba de Avaliación Continua, considerarase que segue a modalidade de Avaliación Global (AG). SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA
(AC) Neste caso a avaliación da
materia constará das seguintes probas. 2 exames parciais que pesarán cada un un
40% da nota e controis que pesarán en total un 20%. 1.- Parcial Parte I (40%): Teoría do Comercio Internacional
(temas 1-5). Este exame realizarase a metade do cuadrimestre nunha data que
estará fixada a principio de curso. 2.- Parcial Parte II (40%): Macroeconomía Internacional
(temas 6-11). Este exame realizarase ao final do cuadrimestre nunha data que
estará fixada a principio de curso. 3.- Controis (20%). Poderase realizar un ou dous
controis que consistirán na resolución de exercicios. A data destes controis
será anunciada con suficiente antelación. Para aprobar a materia, a
cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada
unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos
(sobre 10). Se non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas
parciais, poderase recuperar na data oficial recollida na páxina web da
facultade (http://fccee.uvigo.es). Se nese exame tampouco se alcanza a
puntuación mínima (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia
será de 4 puntos.
PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (AG) O estudantado que se acolla
a esta modalidade realizará unha proba de
toda a materia polo 100% da nota, na data oficial establecida no calendario
de exames. Convocatoria Xullo: Na convocatoria
extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.. Convocatoria Fin de Carreira: O estudantado matriculado
na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota. Os estudantes que non
participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados. Recoméndase ao alumnado ter
en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
). As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade,
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |