Prácticas con apoio das TIC |
-Exercicios a entregar: 30%
-Participación en clase: 2.5% |
32.5 |
|
|
C1 C8 C10 C12
|
D1 D2 D4 D5 D6 D7
|
-
En cada convocatoria, o/a estudante poderá elixir ser
avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A
avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá renunciar á avaliación continua e optar pola avaliación global en calquera momento antes de finalizar as clases, comunicándollo ao profesor da materia. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.
Avaliación continua (AC):
- A asistencia a clase é
obrigatoria para todos aqueles que opten pola evaluacion continua.
- Primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria): A cualificación final será a suma ponderada das
notas correspondentes as actividades descritas anteriormente.
- Segunda oportunidade (convocatoria
extraordinaria xuño/xullo): A cualificación final será a suma ponderada da
nota da avaliación continua obtida en primeira convocatoria (30%) e unha proba
final (70%) que se realizará na data oficial da proba de AG (segunda
convocatoria).
Avaliación global (AG, en caso de renunciar á
avaliación continua):
- Primeira
oportunidade (convocatoria de xaneiro) e segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria de xullo): o 100% da nota total obtense a
través dunha proba final global.
Na convocatoria Fin de Carreira, o 100% da nota total
obtense a través dunha proba final global.
As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carreira son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o
curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames,
prevalecerán as publicadas na web da facultade,
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de
medios ilícitos), do Regulamento
sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado.
As tutorías personalizadas se solicitaran por correo electrónico e seran en persoa ou online, segun a necesidade do alumno.
|