Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba curta dos contidos teóricos dos temas 1 e 2. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
C2
C5
C6
C7
C10
D1
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 3. 40 A1
A2
A3
C2
C5
C6
C7
C10
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 4 a 7. 40 A1
A2
A3
C2
C5
C6
C7
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá
elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou,
alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación
por defecto é a AC. O alumnado pode renunciar a ser cualificado por avaliación
continua se así o comunica antes da data da primeira proba parcial sinalada
abaixo. A elección da AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose
mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese
momento en calquera das probas que xa se realizaron.

Con independencia do
sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación.

Avaliación continua (AC): No
caso de non renunciar á avaliación continua:

a. Avaliación: está
formada polas seguintes probas e puntuacións:  

Proba
curta
a principios de cuadrimestre sobre os contidos
teóricos dos temas 1 e 2, valorada con 2
puntos

Proba
parcial
a mediados do cuadrimestre sobre os contidos teóricos
e prácticos dos temas 1 a 3, valorada en 4
puntos
.

Proba
parcial
a finais do cuadrimestre sobre os contidos teóricos e
prácticos dos temas 4 a 7, valorada en 4
puntos
(se o intervalo entre a data da convocatoria ordinaria oficial e a
finalización das clases é inferior a 15 días, esta proba celebrarase na data
oficial.

b. Nota mínima en cada parte: para aprobar a materia é imprescindible para aprobar a materia é imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre 10).

Se nalgunha das dúas probas parciais non se alcanza a puntuación mínima,
poderase recuperar nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria recollidas na
páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es).

c. Nota
mínima para aprobado:
Para aprobar a
materia a cualificación global ha de ser igual
ou maior que 5 puntos (sobre 10).

d. Para acollerse ao
sistema de avaliación continua, o alumnado ten que asistir a un mínimo do 80% tanto das clases teóricas
como prácticas, excepto para os estudantes de 2ª ou posterior matrícula.

e. Considerarase que o
alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a
algunha das probas/actividades desta modalidade.

f. Para aprobar a
materia nas convocatorias ordinaria e extraordinaria é imprescindible que en
cada unha das dúas probas parciais se obteña unha puntuación mínima de 3,5 puntos
(sobre 10)
. Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao
exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos. Aprobarase a materia se se
obtén unha puntuación globaligual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

Avaliación global (AG) en primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria)

O alumnado será
avaliado mediante un exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina
web da facultade e supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a
primeira corresponderá aos temas 1 a 3 e a segunda aos temas 4 a 7), cada unha
das cales supoñerá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia é
necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10),
sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha
puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre 10).
Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4
puntos.

Avaliación global (AG) en segunda oportunidade
(convocatoria ordinaria) e convocatoria de Fin de Carreira

O alumnado será
avaliado mediante un exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina
web da facultade e supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a
primeira corresponderá aos temas 1 a 3 e a segunda aos temas 4 a 7), cada unha
das cales supoñerá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia é
necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10),
sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes se obteña unha
puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre 10).
Se non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4
puntos.

Os estudantes que non
participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non
presentados".

Recoméndase ao alumnado
ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)

As datas e horas das
probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames,
prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000