Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Empresa: Economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Evaluarase o contido das clases de teoría e de prácticas.
(40% a primeira proba e un 20% as prácticas)
60 B4
C7
C8
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá resolver os problemas e/ou ejercicios que se lle plantexan.
40 C7
C12
D2
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación continua é o sistema preferente. Se considerará que o alumnado optou pola avaliación continua cando participa na segunda proba que se realizará no mes de decembro. Se un alumno non participa nesa segunda proba, (ou en ningunha proba), elixe a AG e supón a renuncia á calificación obtida ata ese momento en cualquera das probas que xa se fixeran. 

 EC. En caso de non renunciar á avaliación continua: a cualificación determinarase a partir das seguintes probas e actividades:

- Dúas probas. Realizaranse durante o período lectivo nas clases prácticas. Cada un deles constituirá o 40% da cualificación final da materia. A primeira proba non ten un carácter liberador, é dicir, cada unha delas tratará os contidos vistos ata o momento da realización da proba, tanto nas clases teóricas como prácticas.

- Prácticas. As tarefas asignadas durante as prácticas suporán o 20% da nota final da materia.


As datas das probas estarán previstas na Comisión Académica de Grao e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimstre. Estas probas non son recuperables, é dicir, se o alumnado non as realiza o día estipulado a equipa docente non ten o deber de repetilas (salvo que exista causa de forza maior). Considerarase que o alumnado optou pola avaliación continua ao participar na segunda proba.
O alumnado que opte pola avaliación continua e non supere a materia non poderá presentarse ao exame final de avaliación global na convocatoria ordinaria.

EG en convocatoria ordinaria: O alumnado será avaliado mediante unha única proba que contará cunha parte de preguntas obxectivas e outra de resolución de problemas e exercicios. 

EG na oportunidade extraordinaria (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carrera, o alumnado será avaliado mediante unha única proba que contará cunha parte de preguntas obxectivas e outra de resolución de problemas e exercicios. 

 Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como non presentados. 

 Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) 

 As datas e horas das probas de EG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000