Estudar a Economía Mundial é ocuparse de entender procesos que teñen raíces históricas. Pero eses procesos están vivos, constrúense día tras día. Por iso para seguir esta materia e alcanzar as destrezas necesarias cómpre ler, ler e ler. Iso inclúe libros e artigos pero tamén os informes das institucións internacionais, os informes de organizacións non gobernamentais que se ocupan dos temas de desenvolvemento económico, e as noticias máis quentes que se publican diariamente nos xornais xerais e específicos. |