A
avaliación continua consta de todas as probas sinaladas no texto que
antecede. Para superar a materia será necesario obter 5 ou máis
puntos. Pódense alcanzar eses 5 puntos sen a realización do exame de preguntas
de desenvolvemento. No
caso de ser necesario o exame de preguntas de desenvolvemento para superar a
materia, esíxese unha puntuación mínima de 3 puntos (sobre 10) nesa
proba. En
segunda convocatoria o alumnado manterá as puntuacións obtidas nas probas
sinaladas no texto que antecede. Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado
mediante a avaliación global. Esta realizarase mediante o exame de preguntas de
desenvolvemento. Así mesmo, para a convocatoria de fin de carreira o
estudantado poderá optar a ser avaliado mediante a avaliación global
mediante o exame de preguntas de desenvolvemento. Para
optar á avaliación global mediante exame de preguntas de desenvolvemento o
alumnado deberá comunicalo ao profesor mediante e-mail antes do primeiro
venres do segundo mes de docencia. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. As
titorías serán solicitadas mediante o email (xsimon@uvigo.gal). Na plataforma
de tele ensino estará dispoñible os horarios semanais nos que se desenvolverá
esta actividade. |