O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 1.- As notas da avaliación continua obtidas nas prácticas de laboratorio, seminario e participación gárdanse ata a convocatoria de xullo. Para os estudantes que así o soliciten respectaranse as do curso anterior. 2.- Para que a proba de coñecementos da avaliación continua faga media coa avaliación continua será necesario acadar unha nota, como mínimo, de 2 puntos (sobre 4). Igualmente, na resolución da proba práctica da avaliación continua (apartado "resolución de problemas ou exercicios"), a nota mínima é de 1 (sobre 2 puntos). 3.- O alumnado que non participe en ningunha actividade da avaliacion contínua ou acade menos de un 1 na mesma será avaliado sobre 10 puntos nunha proba global de carácter teórico e practico. Do mesmo modo será avaliado o alumnado que participe nunha convocatoria de fin de carreira que non corresponda ao curso inmediatamente seguinte no que teña cursado esta materia. 4.- A renuncia á avaliación continua débese facer por escrito mediante un correo electrónico enviado á profesora e só se pode realizar ata unha semana despois de publicada a nota do seminario -segunda actividade da AC prevista no cronograma-, que adoita ter lugar a mediados ou finais do mes de marzo. 5.- Datas dos exames: consultar páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es |