Lección maxistral |
Poderían realizarse probas parciais ou cuestionarios de avaliación. |
50 |
A1 A2 A3 A5
|
B1 B4 B6
|
|
|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. Na AC poderán realizarse catro probas parciais liberatorias, cunha ponderación dun 25% cada unha delas. Isto se mantería para a segunda oportunidade. Si se aproban as probas parcias ou cuestionarios, a materia estará superada. Na AG para calquera oportunidade e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante a realización dun exame que suporá o 100% da calificación. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) e de Fin de Carreira son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. As titorías se solicitarán mediante cita previa por correo electrónico. |