Os sistemas de avaliación nesta materia son de dous tipos ou
modalidades: avaliación continua (EC) e avaliación global (EG). O estudantado ten dereito a elixir o tipo de sistema co que
será avaliado, avaliación continua (EC) ou avaliación global (EG). AVALIACIÓN CONTINUA (EC) A avaliación continua (EC) é o sistema de avaliación por
defecto. A nota final obtida co sistema de avaliación continua procede das
probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do
60% sobre o total) e da nota obtida nunha última proba (cunha ponderación do
40% do total). AVALIACIÓN GLOBAL (EG) O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global ten
que elixila explicitamente. A elección desta modalidade de avaliación global
correspóndelle a cada estudante, que deberá realizala segundo o procedemento e
o prazo establecido por este centro. Nesta materia, o prazo de solicitude será
desde o 11 de setembro ao 13 de outubro de 2024, ás 12 horas. A solicitude
tramítase por Moovi. Abrirase alí unha sección: Ficha de confirmación para quen
opta por AVALIACIÓN NON CONTINUA. Curso 2024-2025. Nas datas sinaladas subirase
esa Ficha. Os e as alumnas que opten por solicitar o sistema de
avaliación global teñen o dereito para ser avaliados das clases prácticas,
aínda que non asistan ás mesmas. Teñen que presentar ao finalizar o curso o
Libro de Prácticas, do mesmo xeito que os alumnos e alumnas de avaliación
continua, e realizar a proba de avaliación global. Esta proba incluirá
cuestións da parte práctica desta materia e preguntas sobre os contidos
teóricos. A avaliación global da parte práctica e teórica da materia significa
o 100% da nota (60% da parte de prácticas da proba de avaliación global; 40% da
parte de teoría da proba de avaliación global). CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. No caso do estudantado que non supere a materia na
convocatoria ordinaria, ten dereito a unha avaliación extraordinaria
(convocatoria extraordinaria de xullo). Os criterios nesta avaliación
extraordinaria serán similares aos da convocatoria ordinaria. CONVOCATORIA FIN
DE CARRERA Na convocatoria de Fin de Carreira, o exame supoñerá o 100%
da cualificación. DATAS E HORARIOS DA AVALIACIÓN GLOBAL (EG) Datas e horarios das probas de avaliación global final,
atópanse na páxina web da Facultade (docencia), así como na plataforma en MOOVI
correspondente a esta materia. FOTOGRAFÍA NA PLATAFORMA MOOVI: Alumnos e alumnas han de subir unha fotografía, tipo carné
(isto é, na que sexan claramente identificables), ao seu perfil na plataforma
Moovi desta materia, durante o mes de setembro. Esta fotografía é obrigatoria.
A non subida será penalizada na nota final con 0,5 puntos. |