O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Sistema de avaliación continua (AC): Realizaranse ao longo do curso 3 probas escritas, cunha ponderación do 35%, 30% e 35% respectivamente. Será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das probas escritas e unha cualificación ponderada de 5 puntos para para poder superar a avaliación continua. Sistema de avaliación global (AG) en primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro I cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha proba escrita que supón o 100% da cualificación. Sistema de avaliación global (AG) en segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha proba escrita que supón o 100% da cualificación. As datas do exame de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carrera serán a especificadas no calendario oficial de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso e publicadas na páxina web do centro. Os horarios de titorías serán publicados no MooVi da materia. O estudantado concertará unha titoría presencial co profesorado a través do envío dun email |