Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Mercadotecnia responsable
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Elaboración dun informe por parte do/a alumno/a no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 20 A3
B1
B5
B9
B13
C14
D3
Foros de discusión Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral... 10 A3
B5
B9
B13
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Pódese levar a cabo de maneira
individual ou en grupo.
30
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame sobre a materia 40 A3
B1
B5
B9
B13
C14
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos teñen a opción de elixir entre dúas modalidades de avaliación da materia (avaliación continua ou avaliación global). Por defecto, asúmese que o alumno será avaliado mediante avaliación continua. O alumno deberá notificar en tempo e forma a súa renuncia á avaliación continua se desexa cambiar á modalidade de avaliación global. Este aviso debe facerse dentro dun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre. 

 O sistema de AVALIACIÓN CONTINUA consta de tres probas (cos seus respectivos valores ponderado): 

  • PRESENTACIÓN (30%).  Los alumnos deberán realizar por grupos unha exposión durante as clases teórica dun tema asignado polo profesor e que será comunicado o comenzo do cuadrimestre 
  • DEBATE (10%) Durante as clases teóricas propondrase un tema que deberá ser defendido por un grupo de estudantes sobre o tema obxeto da presentación previa.
  • INFORME DE PRACTICAS (20%). Propoñeranse actividades en formato de estudos de caso para traballar durante as oito sesións de prácticas presenciais da materia. Ditas actividades serán avaliadas polo profesor durante cada sesión. É imprescindible acudir ás sesións de prácticas, non sendo posible participar nelas de modo virtual. A cualificación desta proba obterase calculando a nota media de cada alumno nas oito sesións de prácticas. En caso de ausencia non xustificada, a nota será 0 (cero) para esa sesión. Cando existan ausencias debidamente xustificadas, a nota media calcularase sobre as sesións restantes. É recomendable que os alumnos leven os seus propios dispositivos electrónicos con capacidade de conexión a internet (computadores portátiles ou tabletas). 
  • Exame de preguntas obxectivas (40%). Exame sobre os contidos teóricos da materia que consistirá en 20 preguntas obxectivas. 
Para poder aprobar a materia por avaliación continua e condición necesaria que como mínimo a calificación obtida no examen sexa do 50% da calificación máxima do exame. De non ser así, no se podrán sumar as notas que o estudante teña no resto das probas e a calificación que se recollera nas actas será a obtida no exame. 

A proba de AVALIACIÓN GLOBAL consistirá nun examen de preguntas obxectivas  que supoñerán o 100% da cualificación na materia. Devandito exame consistirá en  preguntas obxectivas que versarán sobre os contidos teóricos da materia. Para optar á avaliación global, o alumno deberá renunciar en tempo e forma á avaliación continua nun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre.

Na segunda oportunidade e na convocatoria de fin de carreira aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000