O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou por unha proba de avaliación global. Para poder superar a materia por avaliación continua, hai que obter unha nota mínima de 1 punto sobre 4 no exame e asistir como mínimo a un 70% das clases teóricas e un 70% das prácticas. Para que se evalúen as prácticas é obrigatorio asistir á sesión correspondente á súa exposición e participar no debate de resolución. A puntuación obtida en avaliación continua pola participación, así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios e exposicións), mantense na convocatorias ordinaria e extraordinaria do curso académico en vigor, pero NON se gardará para cursos sucesivos. Se considerará que os alumnos que asistan a un 20% das prácticas están realizando avaliación continua, salvo que de forma expresa indiquen que se acollen a avaliación global. O prazo para renunciar á avaliación continua será até 15 días antes da data do exame. As datas de exámes deberán ser consultadas na páxina web da Facultade "http://fccee.uvigo.es". Os alumnos que non sigan a avaliación continua teñen a opción de avaliación global, na que serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos que non coincidirá coa de avaliación continua. As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html Na convocatoria de Fin de carreira os alumnos serán avaliados mediante unha proba escrita valorada en 10 puntos. Os estudantes que non
participen nin na avaliación continua nin na Global, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao
alumnado ter en conta o Título VII (*Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) A información sobre as titorías pódese consultar en Moovi. |