Os alumnos poderán optar entre avaliación continua (100% nota final) ou ben avaliación global da materia (proba final das convocatorias oficiais (100% da nota final). As diferenzas entre sistemas de avaliación entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo están xustificados pola necesaria adaptación a medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos e número medio de alumnos por grupo. Prazo renuncia avaliación continua: sen prazo, por correo a pcibran@uvigo.es. O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación. AC. En caso de non renunciar á avaliación continua: a. avaliación: partes, probas en cada parte: teoría: 40%, entrega traballo ; prácticas: 40%, entrega traballo; presentación traballos: 20% b. nota mínima en cada parte: non procede c. nota mínima para aprobado: a mitade da evaluación d. Prácticas obrigatorias todas/parte: non e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. f. Se procedese AC en segunda oportunidade, especificar tamén tipos de probas, ponderación, nota mínima en cada parte e nota mínima para aprobado: non procede AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante proba de avaliación global, valor 100%. • AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante proba de avaliación global, valor 100% Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. O alumnado ten dereito a ser avaliado ainda que non asistise as prácticas. A asistencia a clase non se valora. As prácticas non son de obrigatoria asistencia. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que supoñerá o 100% da cualificación. Tamén na segunda convocatoria.
Na convocatoria de Fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación. Condutas inadecuadas e prexudiciais para o normal funcionamento da clase e da convivencia poderán carrexar sancións. Este esquema de avaliación é valida para todas as convocatorias. As datas dos exames da materia poderán ser
consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es Tutorías: Moovi, solicitude previa correo pcibran@uvigo.es |