Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua (AC) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente. Para superala asignatura por AC deben cumplirse dúas condicións: 1. Acadar alomenos un 25% da nota en cada un dos tres apartados puntuables (proba IRPF, proba IS, tests).
2. Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuables (probas IRPF e IS, tests). A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas (IRPF e IS) suporá que o estudante deixa de ser avaliado en AC. Tamén se sairá da AC se non se acada alomenos un 25% da nota máxima en cada un dos tres itéms avaliables (proba IRPF, proba IS, tests). A nota final por AC será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento. Aqueles estudantes que se queden fora da AC terán a opción de
presentarse á proba de Avaliacion Global (AG) na convocatoria oficial. Esta proba de AG consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba AG suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos en Avaliación Continua. En caso de non presentarse pero ter feito traballo de AC a nota final será a obtida en AC. O alumnado que se presente a convocatoria extraordinaria ou a convocatoria de fin de carreira realizará una proba de Avaliación Global con dous estudos de caso (IRPF e IS). Esta proba valerá o 100% da cualificación. As datas dos exames finais poderán ser consultadas en www.fccee.uvigo.es
|