A avaliación por defecto é a AC pero o alumno poderá renunciar a AC se non aparece en ningunha proba de avaliación continua no primeiro mes de clases. Nas probas de avaliación continua establecerase unha nota
mínima de 3,5 sobre 10. No caso de non alcanzar dicha nota a cualificación da avaliación continua será a suma das notas obtidas nas probas da AC. Se alcanza dicha nota, sumarase a nota das probas as outras notas recollidas o longo do curso. Se require unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobar por evaliación continua Como alternativa ao
sistema de avaliación continua, o alumno poderá optar por ser avaliado con unha única proba de avaliación global que suporá o 100% da nota. Isto aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria do curso. Na convocatoria de fin de
curso, a proba de avaliación global suporá o 100% da nota. As datas das probas de avaliación global serán
as aprobadas pola Xunta de Facultade e publicadas na páxina web da Facultade
(http:fccee.uvigo.es). As titorías concertaranse co profesor por correo electrónico |