A Avaliación Continua é o sistema preferente para avaliar ao estudantado. Durante o cuadrimestre establecerase un prazo para que o estudantado poda renunciar á Avaliación Continua. Neste caso, a súa cualificación se realizará mediante unha proba de avaliación global, cuxa data será establecida pola Facultade no calendario oficial de probas para cada oportunidade de avaliación. Nas probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) o estudantado poderá optar á máxima cualificación. As probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) poderán incluir preguntas de tipo test, de resposta curta ou de desenvolvemento, similares ás descritas no sistema de avaliación. O estudantado que opte pola avaliación continua, poderá superar a materia antes da proba de avaliación global. As datas para as probas de avaliación final serán as establecidas no Calendario oficial de cada Centro e publicadas na súas correspondentes páxinas web. O horario de titorías será público na páxina MooVi da materia e, preferentemente, o procedemento para solicitalas será o de cita previa mediante correo electrónico. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) |