Resolución de problemas de forma autónoma |
Resolución de exercicios por parte do alumnado, relacionados cos contidos explicados na aula. |
20 |
|
B1 B5 B6 B14
|
C7 C12
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba con preguntas teóricas e exercicios a desenvolver nun tempo limitado.
Esta proba proporcionará a cualificación final para o alumnado que opte pola modalidade de avaliación global.
|
40 |
|
B1
|
C7 C12
|
|
As datas das probas finais da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es Por outra parte, as datas do resto de probas de avaliación continua publicaranse na plataforma da asignatura coa suficiente antelación. A nota final do curso virá dada pola seguinte fórmula:
NF=A+(10-A)E/10
sendo A a nota da avaliación continua (máximo de 6 puntos) e E a nota da proba final (máximo de 10 puntos). En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, a nota obtida polo traballo ao longo do curso manterase para a segunda oportunidade. Non se aplicará a cualificación de NON PRESENTADO a ningún estudante que se presente a algunha das probas finais. Nótese que, dado que a fórmula anterior selecciona aquela nota que máis favorece ao alumnado, non hai data límite para a renuncia á avaliación continua. O mesmo sistema de avaliación será seguido no caso da convocatoria de fin de carreira.
|