Exame de preguntas obxectivas |
Farase unha proba escrita que consistirá en preguntas de resposta curta relacionadas cos temas de espermatoxénesis e desenvolvemento temperán, onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos, así como a súa capacidade para usar os devanditos coñecementos na resolución de problemas |
40 |
A1 A2 A3
|
B1
|
C2 C3
|
D1 D4
|
A data das probas de avaliación anunciaranse ao comezo do curso e
aparecerán no calendario. Para superar a materia haberá que obter un
mínimo do 40 % en cada unha das probas de preguntas obxectivas e nas
actividades levadas a cabo nos seminarios. Se se supera o 40 % en todas
as probas avaliadas, a nota para superar a materia deberá ser igual ou
maior que 5. As probas onde se obteña menos do 40 % poderán recuperarse
na convocatoria de segunda oportunidade, gardándose a nota daquelas
probas onde a cualificación foi superior ao 50 %. Se non se alcanzan 5
puntos na nota global, terán que repetirse todas aquelas probas onde a
nota foi inferior ao 50 % do seu valor. |