Que o alumno:
Comprenda e adquira coñecementos e saiban aplicalos á resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Utilización de criterios e métodos científicos na formulación e resolución de problemas, procura, análise e integración de información a partir de diferentes fontes e capacidade para a súa interpretación e avaliación.
Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos.
Coñecemento da diversidade de organismos mariños e as súas estratexias adaptativas
Coñecemento e comprensión das interaccións dos organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros.
Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análises e sínteses, de razoamento crítico e autocrítico, capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma, desenvolvemento das habilidades de comunicación e discusión de formulacións e resultados. |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C2 C3 C8
|
D1 D2 D4 D5
|