Estudo de casos |
Os alumnos, a través do traballo individual ou grupal, deberán resolver unha serie de casos que tentarán simular situacións similares ás que se poden dar no mundo laboral relacionado coa presenza e control de formas parasitarias nos produtos da pesca. Para a súa resolución os alumnos deberán integrar todo o aprendido previamente durante as leccións maxistrais e, en ocasións, poderán necesitar buscar información adicional. Os casos resoltos serán expostos e/o discutidos durante as sesións presenciais destinadas á avaliación desta actividade. |