PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Avaliación continua
Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua; con todo, a materia é presencial e o 40% da avaliación depende directamente da asistencia; é responsabilidade do alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa docente e da plataforma Moovi.
A avaliación estrutúrase en dúas partes:
1. Observación sistemática (40%) 2. Presentación oral (60%)
Dado que o alumnado está constituído por docentes en formación, poderase discutir e modificar o sistema de avaliación da materia (modificación das porcentaxes atribuídas a cada parte, adición de criterios...) se o grupo o considera procedente.
Avaliación única
O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as dúas partes da avaliación; a observación sistemática substituirase por un breve traballo escrito que se acordará coa docente, no que se baseará tamén a presentación oral. O alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) á docente na primeira semana do curso. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente, segundo os parámetros da avaliación única.
OBSERVACIÓNS
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das probas senón tamén a súa corrección e adecuación lingüística.
No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta puntuarase con 0. |