Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Investigación e Innovación na Área das Linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Observación sistemática: Técnicas destinadas a compilar datos sobre a asistencia e participación do alumnado nas sesións de clase e na resolución de problemas, exercicios e tareas de clase. 40 B17
C23
C24
C26
C31
Presentación O alumnado fará unha presentación oral, ante o grupo, dun proxecto de investigación cuxo tema será acordado coa docente previamente. 60 B12
C22
C27
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de avaliación continua; con todo, a materia é presencial e o 40% da avaliación depende directamente da asistencia; é responsabilidade do alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa docente e da plataforma Moovi.

A avaliación estrutúrase en dúas partes:

1. Observación sistemática (40%)
2. Presentación oral (60%)

Dado que o alumnado está constituído por docentes en formación, poderase discutir e modificar o sistema de avaliación da materia (modificación das porcentaxes atribuídas a cada parte, adición de criterios...) se o grupo o considera procedente.

Avaliación única

O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as dúas partes da avaliación; a observación sistemática substituirase por un breve traballo escrito que se acordará coa docente, no que se baseará tamén a presentación oral. O alumnado que opte por este sistema deberá comunicalo  por escrito (correo electrónico) á docente na primeira semana do curso. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación continua.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente, segundo os parámetros da avaliación única.

OBSERVACIÓNS

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das probas senón tamén a súa corrección e adecuación lingüística.

No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta puntuarase con 0.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000