A avaliación será continua a través do seguimento do alumno,
para o que é imprescindible a asistencia ás sesións presenciais e a
colaboración nas actividades propostas. A nota será numérica: de 0 a 10.
En caso de non asistir ás sesións e non realizar as tarefas con
aproveitamento, o alumno deberá realizar un exame final que terá por temario: 1. Os obxectivos
de Lingua e literatura galega na ESO 2. Os obxectivos
de Lingua e literatura galega no bacharelato 3. Como aprender a ensinar literatura. 4. Panorama da literatura galega de 1980 á actualidade. 5. Interferencias do castelán no galego e métodos para evitalas. 6. Os prexuízos sobre a lingua galega no ensino. |