1.- É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma teledocencia (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
2.-Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio. De se producir esta circunstancia, poderán activarse as medidas recollidas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
3.- O alumnado Erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta imposible seguir esta materia sen ter un nivel de lingua española igual ou superior ao C1 del MERL.
4.- Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
5.- Mais que bibliografía o listado de referencias son fontes de información para elaborar as tarefas. |