Consideracións xerais Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade, así como o non respeto das licenzas de uso, suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón o plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 1ª Oportunidade Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro. a) Avaliación continua Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado realice e entregue en prazo as diferentes actividades e traballos que se vaian propoñendo en seminarios e obradoiros. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. Igualmente, o alumnado que opte por este sistema de avaliación deberá cumprir co mínimo de asistencia obligatoria acordada polo máster. b) Avaliación única A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas na proba única presencial (oral e/ou escrita) que terá lugar na data establecida pola coordinación do mestrado. Téñase en contra que a proba de avaliación única poderá constar de parte escrita e/ou oral e versará sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia. O seu carácter será marcadamente práctico, tal e como o son as probas para o alumnado que se acolle á avaliación continua. Para a realización da proba única cómpre que o alumnado acuda á aula designada con ordenador portátil ou dispositivo que lle permita a realización das tarefas propostas. O alumnado que se acolla a este sistema de avaliación será resposable da configuración do seu equipo informático que permita a conexión á rede wifi da Universidade de Vigo. 2ª Oportunidade A proba única, que terá lugar na data que a coordinación do mestrado fixe oficialmente para o mes de xuño/xullo, versará sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia. Ao igual que no caso da proba de avaliación única da primeira oportunidade, a proba de avaliación única da 2ª oportunidade poderá constar de parte escrita e/ou oral e
versará sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia. O seu carácter será marcadamente práctico, na liña das probas requiridas ao alumnado que se acolleu á avaliación continua. Para a realización da proba única da 2ª oportunidade cómpre que o alumnado acuda á aula designada con ordenador portátil ou dispositivo que lle permita a realización das tarefas propostas. O alumnado que se acolla a este sistema de avaliación será resposable da
configuración do seu equipo informático que permita a conexión á rede
wifi da Universidade de Vigo. |