Guia docente 2024_25
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Unha recapitulación e comentario crítico do contido impartido en cada sesión do curso, publicado por cada alumna/o no seu blog de traballo, tanto da primeira parte da materia (30%) como da segunda (30%). 60 B1
B3
B5
B10
C7
C10
C14
Presentación Unha presentación sobre un aspecto relacionado co temario da materia durante as sesións presenciais do curso. 40 B1
B4
B6
B10
B13
B17
C3
C6
C8
C10
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Consideracións xerais

Na primeira edición de actas existen dous sistemas de avaliación: continua e única. A modalidade por defecto será a avaliación continua, excepto expresa notificación por parte do alumnado da súa preferencia polo sistema de avaliación única. O alumnado que opte por avaliación única debe comunicarllo ao profesorado da materia antes de finais da segunda semana de clase como data límite. Participar nun dos sistemas de avaliación implica a imposibilidade de participar no outro


PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1. Avaliación continua

Para ser avaliado polo sistema de avaliación continua é imprescindible que o alumnado participe activamente na clase, e realice e entregue en prazo as diferentes tarefas que se vaian propoñendo ao longo do cuadrimestre. Igualmente, o alumnado que opte por este sistema de avaliación deberá cumprir co mínimo de asistencia obrigatoria acordada polo mestrado (80%). Do contrario, perderá o seu dereito á avaliación continua.

A avaliación continua consta de dous compoñentes:

  1. as entradas dos blogs de traballo, publicadas de xeito regular durante o curso e referidas tanto á primeira parte (30%) como á segunda parte da materia (30%)
  2. unha presentación oral sobre un aspecto relacionado cos contidos do curso previamente acordado co profesorado (40%

Ademais, o alumnado terá que realizar as tarefas de aula programadas ao longo do curso.

As entradas dos blogs (60%) terán que ser redactadas e publicadas conforme ao calendario que se fixe ao comezo do curso. Cada entrada entregada fóra do prazo estipulado computará como 0. As normas de redacción e tratamento dos temas deses comentarios tamén serán fixadas ao comezo do curso.

presentación (40%) terá lugar durante as sesións presenciais do curso, nas datas fixadas polo profesorado da materia.

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada compoñente

2. Avaliación única

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación computarase en base ás cualificacións obtidas nun exame escrito (100%) sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia, que se realizará nunha data establecida pola coordinación do mestrado. Este exame constará de dúas partes, unha por cada unha das persoas docentes da materia. Cada unha destas partes suporá o 50% da nota final. Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10). 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non aprobe a materia na primeira edición de actas ou non se presente á primeira oportunidade de avaliación, será avaliado mediante un exame escrito (100%) sobre os aspectos teóricos e prácticos da materia que se realizará nunha data establecida pola coordinación do mestrado. Este exame constará de dúas partes, unha por cada unha das persoas docentes da materia. Cada unha destas partes suporá o 50% da nota final. Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10).


Observacións:
  • Os exames e as probas de avaliación continua considéranse oficiais e, polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre debidamente xustificado por causas de forza maior (accidente, operación cirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grao na data exacta da proba) e, sempre que sexa posible, debe de ser comunicado ao profesorado do curso con anterioridade á data de realización da proba.
  • É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas de entrega das tarefas, das presentacións e dos exames. Non hai obriga de comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia.
  • Na avaliación da materia terase en conta no só o contido, senón tamén a corrección lingüística e estilística das probas.

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

De acordo cos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no claustro do 18 de abril de 2023,

"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."

Alegar descoñecemento do que supón o plaxio e a fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000