Traballo tutelado |
O alumnado aplica o coñecemento teórico a casos prácticos. |
40 |
|
B7 B13
|
C10 C11
|
|
As probas descritas anteriormente conforman a
estrutura da AVALIACIÓN CONTINUA, tanto para o alumnado asistente como para o
non asistente. A AVALIACIÒN GLOBAL constará das mesmas probas que a
avaliación continua, pero con distintos prazos de entrega, que serán indicados
ao comezo do módulo polo profesorado. O alumnado non asistente para compensar
os 2 puntos que se poden conseguir na avaliación continua pola asistencia ao
total das sesións, deberán realizar un exame de preguntas curtas na data
oficial. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web
do mestrado. A cualificación final da materia resultará da
integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para
poder obter unha cualificación positiva. A superación das mesmas entenderase
acadada cando se teña como cualificación polo menos a metade da
nota máxima asignada a cada proba. O/a alumno/a que non realice todas as
actividades de avaliación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. De non
ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente
na convocatoria de xullo. |