AVALIACIÓN CONTINUA Para acollerse á
avaliación continua anteriormente detallada será necesario asistir ás clases
alomenos un 80% do tempo presencial. Esta avaliación continua realizarase en
base aos seguintes criterios: 1. Participación nas actividades orais e realización escrita
de cuestións e exercicios propostos na aula (2 puntos) 2. Elaboración dunha programación didáctica (4
puntos). Dentro deste criterio considerarase:
2.1. Calidade da programación didáctica elaborada (2 dos 4 puntos) Valórase neste
apartado: a) Identificación e contextualización. b) Adecuación do currículo ás características do ámbito
productivo. c) Táboa de UD con indicación dos RA ou CT
asociados así como unha breve descrición e temporalización. d) Número de UD desenvoltas a maiores do mínimo establecido
de 2 e) Indicación dos mínimos e dos criterios de cualificación
coherente coas UD f) Definición das actividades de recuperación do alumnado
que non supera as avaliacións paciais e/ou a avaliación final g) Definición da proba do alumnado que perde o dereito á
avaliación continua. h) Seguimento e avaliación da PD i) Avaliación inicial j) Medidas de reforzo educativo. k) Educación en valores l) Actividaes complementarias e extraescolares m) Soporte da programación e corrección do formato 2.2. Calidade das unidades didácticas da programación elaborada (2 de 4 puntos) Valórase neste
apartado: a) Obxectivos específicos e actividades asociadas b) Contidos detallados das UDs c) Criterios e instrumentos de avaliación d) Metodoloxía explicitada a través da táboa de tarefas
asociada a cada actividade 3. Exposición oral da programación e unidade didáctica (4
puntos) Valórase neste
apartado: a) Concrección e adaptación ao tempo dispoñible b) Exposición de tódolos apartados do traballo exposto c) Coherencia, fluídez e dominio do traballo exposto d) Medios e TICs empregados Será imprescindible
acadar un 40% da cualificación máxima nos apartados 2, 3 anteriormente
expostos para poder optar a unha avaliación positiva.
AVALIACIÓN GLOBAL Aquel alumnado que non conte coa citada porcentaxe de
asistencia perde o dereito á avaliación continua, e aplicaráselle o procedemento de avaliación global que se rexerá polos seguintes criterios: Criterios principais de cualificación: Tipo de instrumento ou proba (Ponderación) 1. Elaboración dunha programación didáctica (4 puntos). Dentro deste criterio considerarase: 1.1. Calidade dos apartados globais da programación didáctica elaborada (3 dos 4 puntos) Valórase neste
apartado: a) A Identificación e contextualización. b) Adecuación do currículo ás características do ámbito
productivo. c) Táboa de UD con indicación dos RA ou CT
asociados así como unha breve descrición e temporalización. d) Número de UD desenvoltas a maiores do mínimo establecido
de 2 e) Indicación dos mínimos e dos criterios de cualificación
coherente coas UD f) Definición das actividades de recuperación do alumnado
que non supera as avaliacións paciais e/ou a avaliación final g) Definición da proba do alumnado que perde o dereito á
avaliación continua. h) Seguimento e avaliación da PD i) Avaliación inicial j) Medidas de reforzo educativo. k) Educación en valores l) Actividaes complementarias e extraescolares m) Soporte da programación e corrección do formato
1.2. Calidade das unidades da programación didáctica elaborada (1 dos 4 puntos) Valórase neste
apartado: a) Obxectivos específicos e actividades asociadas b) Contidos detallados das UDs c) Criterios e instrumentos de avaliación d) Metodoloxía explicitada a través da táboa de tarefas
asociada a cada actividade. 2. Exposición oral da programación e unidade didáctica (3 puntos) Valórase neste
apartado: a) Concrección e adaptación ao tempo dispoñible b) Exposición de tódolos apartados do traballo exposto c) Coherencia, fluídez e dominio do traballo exposto d) Medios e TICs empregados 3. Exame tipo test de 30 cuestións relacionadas cos contidos
desenvoltos nas sesións lectivas (3 puntos) Pregunta correctas....Cualificación 0.......................................0 1 a 4..................................1 5 a 8..................................2 9 a 12 ...............................3 13 a 17...............................4 18 a 20...............................5 21 a 22...............................6 23 a 24...............................7 25 a 26...............................8 27 a 29...............................9 30....................................10 Será imprescindible
acadar un 40% da cualificación máxima en cada un dos apartados anteriormente
expostos para poder optar a unha avaliación positiva. O alumnado que se
puido acoller ao sistema de avaliación continua na primeira convocatoria e deba
acudir á segunda convocatoria, deberá realizar as actividades pendentes de
superación. No caso de alumnado
que perdeu o dereito á avaliación continua e deba acudir á segunda
convocatoria, esta rexerase polo procedemento de avaliación global. Gardaranse as
cualificacións positiva acadadas na primeira convocatoria que se promediarán
coas obtidas nesta segunda, de acordo coas porcentaxes descritas anteriormente. |