Código |
Descrición |
B4 |
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursada. |
B12 |
Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación |
B17 |
Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional. |
B18 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidos. |
C4 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
C24 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
C27 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
C31 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
D1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
D2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
D3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |