Criterios principais de cualificación.
Estruturación coidada
dos textos producidos e dos discursos formulados.
Pertinencia
das actividades e das investigacións propostas e a súa
aplicabilidade na aula-laboratorio, segundo a etapa – curso
destinada.
Estruturación
comprensiva dos coñecementos da materia e das competencias da etapa
educativa, relacionándoa coa futura práctica docente.
Formación en técnicas
de traballo intelectual e de habilidades experimentais que permitan
manexar axeitadamente os recursos y equipamentos didácticos das
aulas-laboratorios dos centros educativos de secundaria.
O coñecemento de
metodoloxía para a ensinanza das ciencias experimentais Situacións singulares.Aquelas persoas alumnas que non poidan asistir polo menos ao 80% das clases presencias, e teñan disculpa xustificada pola dirección do mestrado, deberán realizar as seguintes accións (tanto para a primeira como para a segunda oportunidade de avaliación): 1º)- Realizar un traballo de investigación sobre algúns dos ámbitos temáticos da materia, segundo proposta consensuada co profesorado, o que suporá o 50% da cualificación.
2º)- Realizar proba de avaliación que representará o 50% da cualificación. |