Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química
Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria/V02M066V01203
Deseño de Investigacións e Propostas Innovadoras en Ciencias Experimentais/V02M066V01206
Elaboración de Unidades Didácticas/V02M066V01204
Investigación e Innovación na Educación Secundaria/V02M066V01205
A Ciencia e a súa Metodoloxía para Profesorado de Educación Secundaria/V02M066V01201
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica das Ciencias Experimentais na Educación Secundaria/V02M066V01203
Deseño de Investigacións e Propostas Innovadoras en Ciencias Experimentais/V02M066V01206
Elaboración de Unidades Didácticas/V02M066V01204
Investigación e Innovación na Educación Secundaria/V02M066V01205
A Ciencia e a súa Metodoloxía para Profesorado de Educación Secundaria/V02M066V01201
Outros comentarios
Esta materia é un complemento de formación (obrigatorio no itinerario Ciencias experimentais: Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química do currículo do Mestrado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas) xeralista e práctico cuxos obxectivos esenciais son dar a coñecer as solucións que na actualidade a innovación no aprendizaxe pode achegar ao campo das ciencias experimentais e proporcionar unha visión panorámica das súas metodoloxías e ferramentas contemporáneas.
Estes contidos facilitan unha base ampla de coñecementos que permite a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo do ensino da Bioloxía, da Xeoloxía, da Física e da Química na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato.
O desenvolvemento da materia combina actividades individuais, en pequeno grupo e en gran grupo e inclúe a realización de tarefas relacionadas coas competencias académicas e profesionais.
Realizaranse actividades de diverso formato realizadas fora da aula como complemento das presentacións por parte do profesorado. É importante ler previamente o material proporcionado polo profesorado e que está a disposición do alumnado na plataforma MooVi, , a utilizar como ferramenta de aprendizaxe autorregulado ou en actividades de Aprendizaxe Baseado en Proxectos.
Levárase a cabo unha avaliación continua baseada na asistencia ás clases maxistrais e na calidade dos resultados asociados ás tarefas propostas que se realizarán esencialmente a través da plataforma MooVi da Universidade de Vigo, nun contexto de aprendizaxe gamificado, autorregulado ou en actividades de Clase Invertida.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000