Resolución de problemas |
Desenvolveranse sesións prácticas de carácter computacional nas que os estudantse porán en uso os conceptos e metodoloxías desenvolvidas teoricamente.
Os estudantes deberán utilizar o seu propio portátil. Estas sesións prácticas incluirán a manipulación e transferencia de ficheiros en Unix, uso de servidores remotos, programación bioinformática, control da calidade dos datos, mapeamento de lecturas, identificación e anotación de variantes xenómicas, cuantificación da expresión xénica, representación de datos en R, ensamblaxe e metaxenómica.
Ademáis, o alumnado resolverá problemas fóra da aula a través da plataforma Moovi para potenciar os conceptos e metodoloxías da materia.
|