Bioloxía funcional e ciencias da saúde Bioquímica, xenética e inmunoloxía
Coordinador/a
de Carlos Villamarín, Alejandro Leonides
Correo-e
adcarlos@uvigo.es
Profesorado
de Carlos Villamarín, Alejandro Leonides
Galindo Dasilva, Juan
Magadán Mompo, Susana
Miguel Villegas, Encarnación de
Morán Martínez, María Paloma
Simón Vázquez, Rosana
Web
Descrición xeral
Materia eminentemente práctica cuxa misión é a adquisición de experiencia no emprego de técnicas moleculares, celulares e histolóxicas avanzadas. Preténdese mostrar as posibilidades de tales técnicas e completar e estender os coñecementos adquiridos polo alumno na materia de técnicas básicas de laboratorio do curso primeiro de grao e nas prácticas de laboratorio das materias do curso segundo de grao. Para iso realizaranse diferentes protocolos experimentais no laboratorio que son considerados como avanzados polo seu nivel técnico e conceptual. As diferentes técnicas agruparanse en módulos segundo a súa relación con distintas áreas da Bioloxía. O método docente está principalmente baseado no traballo de laboratorio, pero tamén incorpora lecturas complementarias e ferramentas para conseguir unha integración dos coñecementos dos diversos ámbitos e poder aplicalos a un problema experimental dende diferentes puntos de vista técnicos. Os horarios da materia e datas do examen pódense consultar na páxina web da facultade.