TBCM é unha asignatura con prácticas obrigatorias distribuidas en catro módulos (Bioloxía Celular, Bioquímica, Inmunoloxía e Xenética). A ausencia sen xustificación a unha ou máis sesións de laboratorio impide a superación da asignatura.
A ausencia xustificada (artigo 15.2 do regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, da Universidade de Vigo) a dúas ou máis prácticas de laboratorio impide a avaliación continua. Nese caso, os alumnos terían que someterse a un exame de avaliación global.
A calificación da materia inclue:
a) a nota derivada da evaluación continua (probas de test e entrega de informes) ao longo do curso -60%- (módulo I, de Bioloxía Celular, 12%; módulo II, de Bioquímica, 18%; módulo III, de Inmunoloxía, 12%; módulo IV, de Xenética, 18%). Debe obterse un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 en cada módulo. Circunstancias como a falta de puntualidade, falla de integración no grupo asignado ou unha actitude desmotivada ou neglixente nos laboratorios poden restar valor ás puntuacións finais.
b) a nota derivada do exame de primeira ou segunda oportunidade, a celebrar nas datas determinadas de xeito oficial -40%-. Tamén neste caso deberá obterse un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 na parte correspondente a cada un dos catro módulos.
No caso de estudantes que opten pola AVALIACIÓN GLOBAL, o exame (100% da cualificación final) constara de:
Parte teórica (50% da cualificación final). Preguntas con contidos de cada un dos catro módulos da materia, debendo obterse un mínimo de 3.5 puntos sobre 10 en cada módulo para superala.
Parte práctica (50% da cualificación final). Resolución dun suposto práctico de cada un dos catro módulos que compoñen a materia, debendo igualmente obterse un mínimo de 3.5 puntos sobre 10 en cada módulo. |