Seminario |
As tutorías de 6-8 estudantes permiten dirixir ao grupo na realización dun traballo bibliográfico no que prime a organización do traballo do grupo que se comprobará en diferentes entregas solicitadas polos docentes.
O traballo final desembocará na redación dun resume científico e dunha presentación, por calquera medio audiovisual, que permita a trasmisión de coñecemento e que será avaliado. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio están deseñadas co obxectivo de complementar as sesións maxistrais, familiarizar ao alumnado coas técnicas de laboratorio en Fisioloxía Vexetal e realizar experimentos concretos que o estudante deberá desenvolver entregando un caderno de prácticas |