A asistencia ás clases de teoría, prácticas e seminarios é obrigatoria para todos os alumnos e será obxecto de control rigoroso en alumnos doutras convocatorias. Realizarase un seguimento continuado da asistencia a teoría e prácticas, así como da intervención nos debates dos seminarios, o cal servirá para controlar o rendemento do alumno. O alumno terá que ter polo menos un 80% de asistencia ás distintas actividades para ser avaliado. A avaliación da materia Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II combinará probas escritas e avaliación continua ao longo do curso. a) Valoración do seminario A valoración do seminario (valor máximo: 1,1 punto sobre 10) realizarase de modo continuo durante o curso. Ao haber tres seminarios o valor de cada un será de 0,3 puntos. Esta nota se consiguese por avaliación de coñecementos, ademáis a asistencia a os tres seminarios sumarán o 0,2 restante. A inclusión do valor do seminario na cualificación definitiva da materia levará a cabo cando o alumno preséntase ao exame oficial da materia. A cualificación do seminario manterase dentro do curso en vigor. b) Valoración Práctica Ao longo das prácticas levaranse a cabo tres probas que consistirán principalmente na identificación de tecidos e/ou órganos mediante a observación de diapositivas. Cada proba terá un valor máximo de 0,8 puntos. A cualificación das prácticas manterase dentro do curso en vigor. c) Valoración teórica Haberá dúas probas escritas onde se avaliarán os coñecementos teóricos da materia. Nestas probas poderanse facer preguntas que integren coñecementos teóricos e prácticos. O valor máximo de ambas as probas é de 5 puntos sobre 10, dos cales 3,5 puntos corresponderán á parte de histoloxía animal que se realizará na data oficial e o resto, 1,5 puntos corresponderán á parte de histoloxía vexetal que terá lugar unha vez finalizada esa parte. O formato de preguntas será variado podendo incluír: 1) Cuestións de resposta curta. 2) Cuestións que vinculen a identificación de imaxes/esquemas con conceptos teóricos. 3) Cuestións de tipo test (resposta única/múltiple), baseadas en coñecementos adquiridos na aula e no laboratorio. d) Avaliación dos cuestionarios (autoavaliación) Ao longo do desenvolvemento da materia levaranse a cabo 5 cuestionarios de autoavaliación mediante a plataforma MOOVI.Cada cuestionario comprenderá preguntas correspondentes a un grupo de clases teóricas.Terán lugar na aula e cada un terá un valor de 0,3 puntos.Dentro da programación do curso, asignaranse unha serie de días para cubrir os cuestionarios. Estes días colocaranse na táboa de actividades da materia para que o alumno coñeza estas datas con suficiente antelación. Todo isto significa que non haberá escusa para non responder o cuestionario a non ser que se trate dunha emerxencia. En todo caso, os cuestionarios só teñen unha data de realización. e) Cualificación definitiva da materia Para aprobar a materia hai que superar o 50% da parte teórica (2,5) e o 50% da parte práctica (1,2). Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total (teoría + prácticas + seminarios+ cuestionarios) por 0,5. O alumnado querenuncie á avaliación continua poderá solicitar a avaliación global no prazoque estableza o centro. A dita avaliación realizarase nas datas oficiais deprimeira e segunda oportunidade. Esta avaliación permitirá acadar o 100% danota da materia nun exame dividido en tres partes: contidos teóricos (5puntos), contidos prácticos (3 puntos) e seminarios (2 puntos). Os alumnosrepetidores doutros cursos deberán realizar os seminarios e probas. Se oconsideran e voluntariamente poderán acudir ou non ás prácticas, pero éobrigatorio presentarse aos exames que se realicen durante o curso. Dacordo co baremo determinado pola Universidade de Vigo, a materia de Citoloxía e Histoloxía Animal e Vexetal II disporá de cualificación numérica con só un decimal, coa seguinte equivalencia: NON PRESENTADO, o alumno que non se presente a o examen final. SUSPENSO: 0-4,9 APROBADO: 5-6,9 NOTABLE: 7-8,9 SOBRESAINTE: 9-10 MATRÍCULA DE HONRA: Outorgada a alumnos que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9. O seu número non poderá exceder do 5% dos alumnos matriculados nunha materia no correspondente curso académico, salvo que o número de alumnos matriculados sexa inferior a 20, nese caso, poderase conceder unha soa Matrícula de Honra. As datas dos exames e os horarios de clase pódense consultar na páxina web da facultade sendo susceptibles de modificación en circunstancias especiais.
http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/grado-en-biologia/horarios
|