Os horarios da materia figuran na páxina web da facultade: § GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios § ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios As datas de exame establecidas no calendario oficial pódense consultar nas seguintes ligazóns: § GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames § ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes O método de avaliación establecido por defecto é a modalidade de avaliación continua; se algún alumno desexa acollerse á modalidade de avaliación global deberá indicalo mediante un documento asinado antes de que finalice o prazo sinalado polo decanato da facultade. Os requisitos no caso da modalidade de avaliación continua son os seguintes: - A asistencia ás clases prácticas de laboratorioo é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada); os alumnos que non cumpran este requisito figurarán en actas como "non presentado". - Para superar a parte teórica da materia, a nota mínima obtida nos exames parciais deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 e a nota media ponderada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A parte teórica na modalidade de avaliación continua supón o 55 % da cualificación final da materia. - O exame práctico de laboratorio representa o 15 % da cualificación global da materia. Consistirá na descrición dun espécime, incuíndo a elaboración do diagrama e a fórmula floral, que deberá ser correctamente identificado coa axuda de claves. A superación desta proba cunha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10 é imprescindible para superar a materia. - A elaboración do herbario virtual de forma individual ou por parellas, cun número mínimo de 30 pregos debidamente etiquetados e ordenados, supón o 15 % da cualificación global. - Para avaliar o grao de aproveitamento dos seminarios (15 % da cualificación global), os alumnos deberá deberán responder aos cuestionarios e entregalos á finalización de cada sesión - A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia en primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas unha nota media igual ou superior a 5 puntos sobre 10 e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. No caso de non conseguir estas puntuacións mínimas non se sumarán os outros apartados, e a nota final que figurará nas actas será a cualificación máis baixa das obtidas nos apartados suspensos (media exames teóricos ou exame práctico). - Na segunda convocatoria manteranse as notas anteriores e será posible recuperar o exame práctico (15 % da cualificación final); tamén se poderá facer un exame final sobre todos os contidos teóricos da materia, que supoñerá o 55 % da cualificación final. Na modalidade de avaliación global será requisito indispensable obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no examen teórico e no exame práctico da materia, que supoñerán o 80 % e o 20 % da cualificación final, respectivamente. Seguirase o mesmo criterio na segunda convocatoria. A repetición da materia en cursos posteriores implica repetir a totalidade das actividades. |