A avaliación da materia de Bioquímica II é
continua ao longo do curso académico. Para ser avaliado deste xeito, o alumno
deberá realiar todas as actividades propostas (prácticas laboratorio,
seminarios e duas probas escritas). As situacións particulares que impidan a
participación nas actividades de prácticas laboratorio ou seminarios de forma
habitual (exemplo: contrato de traballo, enfermidade,......etc) deberán ser
comunicadas á maior brevidade posible ao profesor para buscar unha solución. A asistencia é obligatoria no caso
de seminarios e prácticas de laboratorio, permitindo unha única falta de
asistencia, a cal deberá estar debidamente xustificada. Para superar Bioquímica II na 1ª oportunidade (maio) é
imprescindible ter obtido unha nota igual ou superior á nota mínima esixida en
cada unha das actividades avaliables por separado. A nota final de Bioquímica II será la suma de las notas ponderadas que cumplan el requisito anterior. No caso de non ser así, non
se fará a suma das notas, e a nota que figurará na acta de Bioquímica II será a
maís alta dos apartados suspensos. CONDICIÓNS PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo) As actividades con unha nota igual ou superior a mínima esixida (5,0 sobre 10) na primeira oportunidade (maio) conservánse para a 2ª oportunidade (xullo). En xullo, non se poden recuperar nin prácticas de laboratorio nin seminarios, só se poderán recuperar as probas escritas que non acadaran o mínimo esixido en maio. Se na primera oportunidade (maio) non se superaron as dúas probas escritas, o alumno deberá presentarse en xullo con todo o temario. Neste caso, a proba final escrita representará o 60% da nota final e considerarase aprobada cando acade unha nota igual ou superior a 5,0 sobre 10. Ademais, hai que subliñar que a superación desta cualificación non implica automaticamente aprobar a materia de Bioquímica II. A nota final de Bioquímica II nesta 2ª oportunidade será a suma das cualificacións ponderadas das actividades avaliables sempre que acadasen o mínimo esixido en cada unha delas. Pero, se o alumno non acada ese mínimo en seminarios ou prácticas de laboratorio, terá que compensalo cunha nota superior na proba escrita final. A non asistencia a todas as actividades avaliables implica automaticamente un NON PRESENTADO na acta de Bioquímica II (maio e xullo). Pola contra, a realización dalgunhas das actividades avaliables, pero non todas, implica un suspenso na acta de Bioquímica II (maio e xullo). Así mesmo, se o alumno prefire unha avaliación global, deberá solicitala no prazo que se lle facilite ao Decanato de Bioloxía. O exame global incluirá preguntas das prácticas de laboratorio, exercicios dos seminarios e toda a parte teórica. O alumnado que non supere a materia de Bioquímica II en ningunha das dúas oportunidades, se lles gardará a cualificación das actividades (prácticas e seminario) durante os dous cursos académicos seguintes, sempre que teña acadado a nota mínima esixida. Só se repetirán as actividades non superadas. As actividades que xa foron superadas non poderán ser reavaliadas. O calendario académico pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios O calendario de exames pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |