CLASES Y EXAMES DE TEORIA: O profesor estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde ás preguntas formuladas polo alumnado. Ao final de cada clase, os alumnos terán en Moovi as presentacións comentadas na aula, vídeos demostrativos e ligazóns a textos de libre acceso. Durante o cuadrimestre o profesor avaliará ao alumnado mediante 5 probas dun máximo de 25 minutos cada unha que constarán de preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento. As probas suspensas ou non superadas poderán ser recuperadas na Segunda Convocatoria mediante un exame que constará de preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento. Poranse a disposición do alumnado cuestionarios de autoavaliación. Recoméndase a asistencia ás clases maxistrais. O material explicado na clase poderá non estar incluído na súa totalidade nas exposicións que se porán a disposición dos alumnos. Por outra banda, a asistencia avaliarase mediante a realización de traballos e probas de atención que se entregarán na aula ao final da clase e que poden achegar ata 1 punto adicional á nota final da materia. AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado deberá superar, con polo menos 5 puntos sobre 10, cada unha das 5 probas parciais de teoría. Para superar a parte práctica, a nota global debe ser como mínimo de 1,65 (suma porcentual da nota do exame e dos resumos). Exemplo: (4,5 exame x 0,28) + (8,0 resumo x 0,05) = 1,26+0,4 = 1,66 (aprobado). No caso de non acadar a nota mínima nalgunha das probas teóricas parciais, ou 1,66 na parte práctica, a nota en Actas (Primeira convocatoria) será a nota máis alta dos suspensos. Só se poderán recuperar na Segunda Convocatoria as probas teóricas parciais e as probas prácticas suspensas, conservando as cualificacións das superadas durante o cuadrimestre. A cualificación dos seminarios non será recuperable na Segunda Convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Excepcionalmente, o alumnado que renuncie á avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo que estableza o centro. A dita avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade. EN AMBAS MODALIDADES DE AVALIACIÓN: O alumnado que, tendo suspenso a proba global ou algunha das probas parciais do cuadrimestre, non se presente á súa recuperación na Segunda Convocatoria, figurará na Acta como "Non Presentado". AVALIACIÓN DO ALUMNADO MATRICULADO POR SEGUNDA OU SUCESIVAS VECES Avaliación continua: Gardaranse as cualificacións da parte teórica e práctica superada, así como dos seminarios (durante 2 anos). Se así o consideran, poderán acudir voluntariamente ou non ás prácticas. Avaliación global: Excepcionalmente, o alumnado que renuncie á avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo que estableza o centro. A dita avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade. Outros comentarios O alumnado non poderá dispoñer de teléfono móbil ou outro dispositivo electrónico na clase salvo que sexa necesario para a realización dunha actividade, que será previamente comunicada polo profesorado. Datas de exame final: bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes
Requírese un comportamento responsable e honesto do alumnado que curse esta materia. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode levar a suspender a materia durante todo o curso. Destas actuacións levarase un rexistro interno para, en caso de reincidencia, solicitar a apertura de expediente disciplinario ao reitorado.
|