Os horarios da materia figuran na páxina web da facultade: § GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios § ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios As datas de exame establecidas no calendario oficial pódense consultar nas seguintes ligazóns: § GL: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames § ES: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes O método de avaliación establecido por defecto é a modalidade de avaliación continua; se algún alumno desexa acollerse á modalidade de avaliación global deberá indicalo mediante un documento asinado antes de que finalice o prazo sinalado polo decanato da facultade. A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada) nas dúas modalidades de avaliación; os alumnos que non cumpran este requisito figurarán nas actas como "non presentado". Á finalización das prácticas o alumno deberá superar un exame práctico, cunha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. No caso de non superalo, figurará nas actas como "suspenso", coa cualificación obtida no exame práctico. No caso de que o alumno se acolla á modalidade de avaliación continua deberá ter en conta o seguinte: - Para superar a parte teórica da materia, a nota mínima obtida nos exames parciais deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 e a nota media ponderada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A parte teórica na modalidade de avaliación continua supón o 55 % da cualificación final da materia. Cando a cualificación media das probas teóricas sexa inferior a 5 puntos sobre 10, o alumno figurará nas actas como "suspenso", coa puntuación obtida na proba teórica, aínda que superara o exame práctico. - A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia na primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas unha nota media igual ou superior a 5 puntos sobre 10, e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos. De non conseguir a puntuación mínima non se lle sumarán os outros apartados e a nota final que figurará nas actas será a cualificación máis baixa das obtidas nos apartados suspensos (exame teórico ou exame práctico). - Na segunda convocatoria manteranse as notas anteriores e será posible recuperar o exame práctico (15 % da cualificación final); tamén se poderá facer un exame final sobre todos os contidos teóricos da materia, que supoñerá o 55 % da cualificación final. Na modalidade de avaliación global será requisito indispensable obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no exame teórico e no exame práctico da materia, que supoñerán o 80 % e o 20 % da cualificación final, respectivamente. Seguirase o mesmo criterio na segunda convocatoria. A cualificación do exame práctico e do traballo tutelado contemplaranse durante tres cursos académicos consecutivos. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/ou plaxio) encaminado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/unha alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. Esta conduta fraudulenta será sancionada coa firmeza e o rigor que establece a normativa vixente. |