Os contidos da materia abarcan aspectos básicos sobre tres elementos do medio físico (solo, media acuático e clima) e a súa relación coa Bioloxía. Na avaliación contínua a ponderación da materia é a seguinte: Solo (60%), Medio Acuático (20%) e Clima (20%). Cada unha das actividades valorarase nunha escala de 1 ao 10 que logo será ponderada para obter a puntuación final. A materia considerarase aprobada sempre que a nota final ponderada sexa igual ou superior a 5 e se obtuvese nas distintas probas escritas polo menos un 5. Copiar nas probas escritas ou nos informes supón a obtención de cero puntos na proba na que se copiou. Para que un alumno sexa cualificado como " Non Presentado" non ten que ser avaliado en ningunha proba escrita ao longo do curso. Na convocatoria de xullo o alumno só terá que recuperar os módulos suspensos (cualificación módulo < 5). Non haberá posibilidade de repetir os informes das prácticas e seminarios pero os alumnos suspensos poderán recuperar esa parte mediante unha proba específica no exame. Os criterios de valoración serán os mesmos que para a primeira convocatoria. Os alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas e os seminarios, non terán que repetilos de novo, conservándose nese caso a cualificación do curso anterior. No caso de que o alumno opte pola avaliación global, deberá solicitar este tipo de avaliación no prazo indicado polo centro. Neste caso, realizará un exame do contido de toda a materia, mantendo na ponderación os porcentaxes por módulos empregados na evaluación contínua. Para poder aprobar mediante este tipo de avaliacion, o alumno deberá realizar obrigatoriamente as prácticas da materia. Pódense consultar as datas dos exames no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames. Pódense consultar os horarios da materia no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios |